miércoles, 25 de octubre de 2017

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA



Este pasado martes 24 de outubro conmemoramos un ano máis, dende 1996, o Día das Bibliotecas en recordo da destrución de Vijenica, a Biblioteca de Saraxevo, que foi bombardeada e incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Non foi a única biblioteca destruída ao longo da historia: aí temos a Gran Biblioteca de Alexandría, tamén devastada durante o ano 48 a.C., ou, máis recentemente, a Biblioteca Nacional de Irak (2003). 

A Biblioteca de Saraxevo posuía uns dous millóns de libros e moitísimos manuscritos de valor incalculable procedentes da cultura musulmana, serbia ortodoxa, croata católica e xudía. Por iso era un símbolo de coñecemento e interculturalidade que o fanatismo non puido aturar.

Nós queremos que este símbolo siga vivo e por iso, como todos os anos, convidamos a alumnado e profesorado a achegarse pola biblio e compartir un anaco de pastel.






No hay comentarios:

Publicar un comentario