miércoles, 25 de octubre de 2017

XUNTANZA CLUB DE MANGA: DE KARNEVAL A HETALIA


Celebramos unha nova xuntanza do Club de Manga o pasado luns, día 23 de outubro, para comentar as nosas impresións sobre Karneval, o anime proposto na reunión anterior. A modo de conclusión unánime quedou claro que, se alguén non o viu aínda, debería velo XA! A opinión maioritaria estaba de acordo en que o mellor foron os personaxes, cada un cunha personalidade moi marcada e todos eles adorables. E tamén houbo acordo en que o opening é fantástico.
Fixemos unha proposta de mangas para que a biblioteca adquira algúns deles. Mencionáronse, entre outros, Boku no Hero, polo drama, a acción e a construción de personaxes; e tamén Exorcist Blue (da que xa temos algúns exemplares na biblioteca). Non sei se esquecín algún.
A vindeira xuntanza será o luns 20 de novembro. Para entón comentaremos Hetalia, que vén sendo unha reinterpretación de acontecementos históricos e políticos situados, sobre todo, entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. Ten moi boa pinta!!
Tamén comentamos un pouco que actividades podemos propoñer de cara á xuntanza de Clubs de Manga que pensamos celebrar no IES alá para xaneiro ou febreiro. Houbo propostas moi interesantes: unha versión do Pictionary adaptado ao manga, xogos de rol, concurso de talentos e de cosplay, de adiviñar openings ou personaxes (con mímica), torneo de Magic e Quidditch. En fin, unha chea de ideas...
Tamén aproveitamos para recontarnos e, polo de agora, somos xa 32 membros. Todo un récord!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario