sábado, 21 de octubre de 2017

CLUB DE MANGA: EDICIÓN 2017-18


O 2 de outubro, ao mediodía, celebramos a nosa primeira xuntanza do Club de Manga do insti. Acordamos quedar no recreo do vindeiro mércores para reclutar á xenta nova que se quere incorporar ao club, sobre todo nenas e nenos de 1º de ESO. Estreamos novo presidente: Ángel Pequeño, que toma o relevo do noso Xabi e de Alba (aínda que Xabi segue no club). E fixemos algúns plans para este ano: elaborar unha lista de pedidos para a biblioteca, alternar manga e anime, establecer unha periodicidade de dúas ou tres semanas como máximo, organizar unha quedada cos outros clubs de manga alá para xaneiro, ter en mente unha saída a Vigo para visitar o Eskapark e, se nos cadra ben, a pista de patinaxe. Tamén comentamos a posibilidade de facer unha segunda edición da Comicon Intercentros de Moaña... en fin, estamos cheos de ideas!! 
De momento, organizaremos unha nova xuntanza o luns 23 de outubro para comentar a proposta que saíu hoxe do grupo: "Karneval". Segundo conta a Wikipedia, a historia vai sobre un tal Nai, que anda á procura dalguén moi importante para el, Karoku, tendo como única pista un brazalete. Logo a cousa complícase e entran en xogo dúas organizacións moi poderosas, Circus e Kafka. Unha traballa para o goberno, a outra fai investigacións xenéticas ilegais... Unha historia complicada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario