sábado, 21 de octubre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS + PRESENTACIÓN DE "ROSAURA"


Como no insti non damos puntada sen fío, aproveitamos a Hora de Lectura do luns 9 de outubro para convidar á biblioteca a todo o alumnado de 1º de ESO e contarlles como funciona esta, ao tempo que lles facíamos entrega dos seus carnés de usuarios. E quen mellor para explicarlles o sistema da biblio que tres avezadas usuarias da mesma como son Lucía Gil, Alicia Pazos e Alba Nogueira? Así que a nosa orientadora e encargada de xestionar a biblio, Charo, cedeulles a palabra a elas tres. Contáronlles aos novos membros como temos organizados os libros, como teñen que buscalos e pedilos para levar e tamén lles lembraron normas básicas de comportamento no espazo da biblio ou a existencia dun buzón de suxestións. Fixeron un traballo estupendo!!!
Ademais, e para darlle máis empaque ao acto de benvida dos nosos novos usuarios, e xa que temos a sorte de contar no insti con Luz Beloso, que acaba de publicar un novo libro, fíxonos a presentación do mesmo. Explicounos cousas interesantísimas sobre o proceso de creación das ilustracións, sobre como traballou coa escritora Isabel Blanco, como se foi inspirando para debuxar e o tempo que lle levou. E, coma sempre, foi unha gozada escoitar á nosa Inés Padín, que le coma ninguén pode ler, deleitarnos con algunhas das "Receitas de Rosaura".









No hay comentarios:

Publicar un comentario