miércoles, 22 de noviembre de 2017

CLUB DE MANGA: DE HETALIA A VIDEOGIRL AI


Na xuntanza do luns 20 de novembro para comentar Hetalia houbo opinións encontradas. Para algúns foi un anime que serviu para aprender ou lembrar datos da historia (como a Triple Alianza) e divertido polos estereotipos que ofrece sobre os países (houbo quen se declarou fan acérrimo de Canadá). Outros consideraron que se trata dun anime moi "random" ao que resulta difícil encontrarlle a trama. Estes últimos apostan máis polas "historias con historia". 
A brevidade dos capítulos tamén foi obxecto de debate: por unha banda é unha vantaxe, xa que se ven moi rápido, pero por outra da pereza estar cambiando de capítulo cada cinco minutos. Ademais, moitos consideraron que había excesivos de recheo. Outro hándicap foi o exceso de personaxes, tantos que nalgúns momentos nos fixemos un pouco de lío.
Máis debate aínda suscitou a elección do novo anime ou manga. Despois de acaloradas defensas dun ou doutro, optamos por Videogirl Ai. Na definitiva victoria desta proposta seica se tivo en conta a opinión dalgún profe sobre el.





No hay comentarios:

Publicar un comentario