Cifras achegadas pola Organización das Nacións Unidas que amosan a desigualdade que afecta ás mulleres:
- Un terzo das familias de todo o mundo está a
cargo de mulleres soas.
- O 75% das persoas pobres son mulleres.
- O 75% das persoas analfabetas son mulleres.
- O 80% das persoas refuxiadas ou desprazadas no
mundo son mulleres.
- As mulleres cobren o 67% de horas de traballo do
mundo, pero só gañan o 10% e son propietarias do 1%.
- O salario das mulleres en países
industrializados supón entre un 30 e un 40% menos que o dos homes.
- 110 millóns de mulleres e nenas sufriron
mutilación xenital, cada ano seguen a ser mutiladas 2 millóns máis.
- Nas guerras, as mulleres son violadas en masa. A
violación é utilizada como arma.
- De cada tres mulleres, unha recibe malos tratos
no mundo.
- Cada 8 segundos, unha muller é maltratada
físicamente.
- Unha de cada seis mulleres sufriu unha violación
na súa vida.
En China, Bangladesh e Coreo do Sur, os
infanticidios e os abortos son selectivos. O 99% das vítimas son bebés ou fetos
muller. Por esta razón, na China hai 52 millóns de homes máis que de mulleres
en idade de casar.
Impáctannos tanto estas cifras (extraídas do manual Datas e datos http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/datasedatos.) que decidimos visibilizalas colocándooas en todos os chanzos do instituto. Así, a cada paso que demos, non teremos máis remedio que telas presentes.
f
f
No hay comentarios:
Publicar un comentario