domingo, 25 de febrero de 2018

HIGASHI NO EDEN: XUNTANZA CLUB DE MANGA



O luns 19 de febreiro tivemos a xuntanza para comentar o último anime que vimos: "Higashi no Eden" ("O edén do Leste"). O máis salientable para a maioría: un ending incrible e unha animación feita con papeis fabulosa. A charla serviu para aclarar algunhas dúbidas relativas a determinados elementos da trama que quedaron no aire, como certos detalles aparentemente absurdos, ou algunhas incoherencias (como, por exemplo, as conversacións entre personaxes que se entenden aínda que falan idiomas diferentes). A pesar de que se considerou que había moitas lerias políticas incrustadas na trama, o mellor valorado en xeral foi a construción dos personaxes. Entre estes, os favoritos resultaron ser a cazadora de johnnies, Akira, o médico ou o perrete con alas. Foi comentario xeral que o fin xustifica os medios e, daquela, os personaxes non matan a ninguén que non mereza morrer. De feito, a algúns lembroulles a "Deathnote" ou a "Mirai Nikki" ("Diario do futuro"). 
Tamén falamos un chisco sobre a censura no anime e no manga a raíz da que aparece neste en concreto. Ao parecer son os propios creadores os que a aplican coa intención de que a súa obra chegue a un público máis numeroso.
A proposta para a vindeira xuntanza: "Kotoura San".










No hay comentarios:

Publicar un comentario