jueves, 29 de marzo de 2018

MAIL ART PARA O DÍA DO LIBRO



Este ano decidimos sumarnos á proposta do IES Agra de Orzán que nos suxeriu Begoña, unha das nosas profes de inglés. Pero como xa non chegamos a tempo para o día da poesía, que era o seu proxecto orixinal, aproveitamos a convocatoria para festexar o Día do Libro, o vindeiro 23 de abril. 
O Mail Art ou Arte Postal é a denominación que se emprega para designar unha actividade artística que usa como medio de expresión a distribución por medio do correo postal. Estas mensaxes postais poden ser de todo tipo e nós, no club de lectura, ímolas centrar nos nosos libros preferidos da biblioteca. É dicir, imos enviar cartas, postais, mensaxes... nas que a temática xirará en torno aos libros. E ao mesmo tempo, imos recibir tamén mensaxes postais doutros institutos.
Dende que en 1962 Ray Jonson fundou a New York Correspondance School of Art, o movemento do Mail Art colleu un gran impulso e a rede de intercambios chegou a ter un volume importante, sobre todo na década dos 60, cando foi empregada como medio de expresión por artistas feministas.
Detrás desta iniciativa de intercambio artístico hai un certo carácter crítico, que pretende minar o monopolio das galerías e do mercado de arte como vía de difusión do mesmo establecido pola sociedade de consumo. 
Para participar no proxecto, o club de lectura en pleno reunímonos nas horas de lectura e comezamos a elaboración das nosas obras de arte, incluído o propio sobre. Nas vindeiras sesións remataremos o proxecto, que estará exposto ata o día 23 de abril, momento no que se enviará aos nosos correspondentes. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario