domingo, 29 de abril de 2018

EMPEZA A CONTA ATRÁS: PREPARANDO A COMICON



Xa faltan poucos días para a nosa Comicon de Moaña e xs rapacxs dos clubs de manga están traballando arreo para adecentar o local do Alto da Praza. Contamos coa colaboración de varios alumnos de Paralaia que están facendo os grafittis que formarán o decorado do espazo interior e tamén o escenario do recanto das pistolas Nerf. Paralaia e As Barxas colaboran man a man para mover, empuxar, pegar, colgar, recoller... Queda por diante unha semana dura, pero seguro que ao final paga a pena o esforzo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario