jueves, 10 de mayo de 2018

COMICON-MOAÑA VENRES POLA MAÑÁ




Despois de moito organizar, colocar, graffitear, taladrar, subir e baixar... por fin chegou o gran día! O venres 4 de maio inauguramos a Comicon de Moaña ás 10:00 da mañá cunha batukada preparada polo departamento de música do IES A Paralaia e o alumnado de 4º ESO, para recibir aos clubs de manga dos IES de Vigo, Tui, Nigrán... E tamén de Cangas (o club de manga do IES María Soliño foi este ano o encargado de facer a pancarta que lucía no exterior).









As primeiras actividades da mañá foron a presentación do xogo Aristeia de Corvus Belli, a charla sobre Monster Hunter a cargo do alumnado do IES Alexandre Bóveda e o concurso de Pokemon.





Ás 12:00 dúas nova actividades: o concurso de Pictionary Anime, celebrado no exterior, aproveitando o sol que nos acompañou durante toda a xornada, organizado por Cedric e Daniel Cancelas xunto con Estela Sobral, Lucía Gil e Alba Nogueira. E no interior o Concurso de Cosplay, cun xurado idóneo: as nosas cosplayers visitantes, Meru Cosplay e Luscofusco Cosplay. A presentación correu a cargo de Ayelén Giambroni e Alex Plou.













E mentes tiña lugar o concurso de cosplay no escenario principal, no recanto dos obradoiros comezaba o de origami, con tres monitores de luxo: Carlos Santomé, Alicia Pazos e Mónica Chapela.





Ás 13:00 horas, xuntámonos para o baile dun grupo do IES Álvaro Cunqueiro. E, despois, a charla de Cedric Piñeiro sobre Mitoloxías xaponesas seguida dun coloquio.








Ao longo de todo o día, pasou moita xente tanto polo espazo habilitado para xogar ás pistolas Nerf como polas xonas de xogo, tanto a de Mazinger como a da asociación de xogos de mesa de Cangas, Tempus Ludit.











O espazo das pistolas Nerf foi decorado polo equipo de graffiteiros do IES A Paralaia. Eles foron tamén os artífices de todos os graffitis colgados no Alto da Praza para a Comicon.





No hay comentarios:

Publicar un comentario