sábado, 7 de abril de 2018

MAZINGER Z E DEBUXO MANGA



O mércores día 4 de abril saímos de excursión xunto cos clubs de manga dos IES A Paralaia (Moaña)  e o María Soliño de Cangas. O plan era ver unha peli xaponesa de animación nos Multicines Norte de Vigo: "Mazinger Z". Os profes sufrimos unha volta atrás á infancia cos recordos deste anime sobre un robot xigante pilotado por Koji Kabuto e a súa loita contra o mal.
Logo fomos camiñando ata o MARCO, onde nos cederon unha sala para que Iago Araújo e María Vilar nos deran unha breve charla sobre a arte do cómic e do manga. Sóubonos a pouco, pero o tempo non daba para máis. Por sorte, contamos con eles na Comicon de Moaña, onde estarán o sábado impartindo un obradoiro de debuxo manga.
Foi unha mañá de compartir, aprender e desfrutar que esperamos repetir dentro dun mes, cando nos xuntemos de novo, esta vez con moitos máis clubs de manga, na Comicon dos días 4 e 5 de maio.












No hay comentarios:

Publicar un comentario