Por fin este xoves 28 de xuño fixemos a saída que lles tiña prometida aos meus mangas dende o curso pasado. Quedamos no instituto ás nove da mañá e alá fomos ao Eskapark de Vigo. Divídimos en catro grupos e cada un asumiu un reto diferente: tiñan que saír da estancia na que estaban pechados antes de que se cumprise o límite de tempo (60 minutos). Para conseguilo, era preciso colaborar entre todos para ir resolvendo as pistas que se lles ían proporcionando.
Os xogos nos que participamos foron:
Alkatraz é xogo de fuga no que a misión era escapar do cárcere. Había dous niveis: o Classic (vestidos co traxe a raias) e o Guantánamo (de laranxa).
En 9º pasaxe houbo que resolver o misterio da desaparición dunha nena, María, entrando na casa do principal sospeitoso.
E en 4º Elemento entramos no piso do famoso arqueólogo Indiana Jones para descubrir que foi o que pasou cos restos desaparecidos do Apóstolo Santiago.
En fin, velaquí as probas da aventura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario