lunes, 22 de octubre de 2018

Volvemos con ganas de café e libros

A nosa BiblioBernardino abriu as súas portas un novo curso escolar e quixemos participar nun proxecto, canto menos, estimulante.
Trátase da colaboración cos departamentos de Plástica e Lingua Galega para o proxecto "Sen café non hai paraíso". O alumnado de Debuxo Artístico da nosa profe Luz Beloso fixo verdadeiras obras de arte a partir de manchas de café que cobraron vida propia. Consistiu nun traballo baseado na orixinal obra de Stefan Kuhnigh. Aquí abaixo podes ver algunhas das súas imaxes:


Por outra banda,  parte do alumnado de Lingua Galega de 1º da ESO quixo poñerlle voz ás imaxes, propoñendo textos, versos ou micropoemas para relacionalos coas imaxes que alí xurdiron.

Botádelle unha ollada ao resultado, cunha cunca de café ou non!

No hay comentarios:

Publicar un comentario