Mostrando entradas con la etiqueta COMICON INTERCENTROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMICON INTERCENTROS. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de mayo de 2018

COMICON MOAÑA: VISITANTES



En toda convención de amantes do mundo do cómic e o manga que se precie ten que haber un bo número de asistentes cospleyados. E na nosa Comicon de Moaña non iamos ser menos. Velaquí algúns dos nosos visitantes e tamén alumnas e alumnos dos clubs de manga caracterizados coma os seus personaxes preferidos.

















COMICON-MOAÑA: SÁBADO POLA MAÑÁ



O sábado 5 de maio abrimos as portas do Alto da Praza ás 10:00 da mañá para dar comezo a unha nova xornada cargada de actividades. Comezamos cunha charla-obradoiro de xaponés a cargo de Eliezer Rajoy, onde aprendemos algúns kanjis e a escribir o noso nome. Foi un gustazo escoitar ao profe e moitxs quedamos con ganas de seguir aprendendo.





Ás 11:00 deu comezo o obradoiro de cómic coa debuxante Begoña García-Alén, que foi nomeada como autora revelación no 2017 no Salón do Cómic de Barcelona grazas ao seu último traballo, titulado "Nuevas estructuras" (Editorial Apa Apa).





Ao mesmo tempo, cara ás 12:00, tiña lugar a entrega do premios do Concurso de Cómic organizado polo Concello de Moaña. A calidade dos traballos presentados deixounos a todxs coa boa aberta. A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, foi a encargada de repartir os premios e aproveitou para sacar fotos coas nosas cosplayers visitantes e algúns dos nosos mangas.








Nada máis rematar a entrega de premios, deu comezo unha das actividades máis esperadas desta Comicon, a charla de Julio Lorenzo, dobrador de Son Goku ao galego e tamén director de dobraxe. Contounos unha chea de anécdotas da profesión e aceptou peticións do público para demostrar o seu dominio do personaxe protagonista de "Dragon Ball".






Ao longo de toda a mañá estiveron ateigados de xente os espazos dedicados aos xogos, tanto os da Asociación de xogos de mesa de Cangas (Tempus Ludit), como o de Mazinger













jueves, 10 de mayo de 2018

COMICON-MOAÑA: VENRES POLA TARDE


Ás cinco da tarde abrimos de novo as portas do Alto da Praza. Comezamos co obradoiro de Hamma Beads, onde repetía Alicia Pazos xunto con Ana, de Paralaia.






Ao mesmo tempo, as nosas cosplayers empregaban o escenario principal para darnos unha charla sobre o mundo do cosplay e consellos para elaborar estes complicados traxes.



Ás 18:00 houbo un novo obradoiro de origami, pero esta vez para nenos pequenos, no que repetiron experiencia como monitores Alicia e Carlos Santomé.



A última actividade da tarde foi o concurso de talentos, novamente presentado por Ayelén Giambroni e Alex Plou.








Pola tarde, e tamén durante todo o sábado, contamos coa presenza da youtuber Alessa Kael, xunto cos organizadores de Faneka Gaming. Alessa ensinounos algúns dos seus cadernos de debuxos e zapatillas pintadas. Espectaculares!





Ao longo de toda a tarde, a Asociación de Jugger de Cangas estivo con nós no exterior do recinto, explicando as normas do xogo.





A biblioteca pública de Moaña cedeunos exemplares para acondicionar un recanto de biblioteca que tamén foi moi visitado ao longo de todo o día, e no que o alumnado dos clubs de manga do IES As Barxas e A Paralaia foron facendo quendas de garda para que estivese ben atendido.







E por último, velaquí van algunhas e algúns dos nosos visitantes de hoxe.