Mostrando entradas con la etiqueta DIA DA POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIA DA POESÍA. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de abril de 2018

CRECE A EXPOSICIÓN DE MAIL ART


Ao longo do mes de abril foron aumentando o número de postais colgadas nos sedais da entrada do noso instituto, todas elas destinadas a ser enviadas ao IES Agra de Orzán o día 23 de abril. É o noso xeito simbólico de agradecerlles ás que eles nos enviaron o 21 de marzo, Día da Poesía, e de festexar pola nosa banda o Día do Libro. Participaron case todos os cursos do noso insti, e varios departamentos (lingua inglesa, francesa, galega, castelá...). O luns vindeiro saíran cara á Coruña. Desexámoslles boa viaxe!

















sábado, 7 de abril de 2018

PREPARANDO EXPOSICIÓN DE MAIL ART PARA O DÍA DO LIBRO


Esta semana comezamos a montar a exposición na entrada do noso instituto coas postais que recibimos do IES Agra de Orzán e coas que está elaborando o noso alumnado para enviarlles a eles o día 23 de abril a xeito de conmemoración do Día do Libro. É emocionante ver como pouco a pouco a nosa entrada se vai enchendo de cores, debuxos, versos, citas... pendurados de fíos case invisibles. 


























martes, 21 de marzo de 2017

UN POETA NA BIBLIOTECA: XOSÉ DANIEL COSTAS CURRÁS


Tamén nos visitou hoxe o poeta moañés Xosé Daniel Costas Currás, co que tivemos a sorte de compartir tres obradoiros sobre poesía ao longo desta mañá.  Presentóunolo Iria Collazo, a nosa escritora do centro. E contounos que ten varios libros publicados, entre eles "Conservas", e moitos premios de poesía. Asinounos algúns exemplares dos que tiñamos na biblioteca e logo explicounos como lle deu por facer poemas e que técnicas emprega para crealos.








Xa coas técnicas aprendidas, convidounos a compoñer canda el novas poesías e foron saíndo cousas xeitosas.



Outra das nosas escritoras do centro, Mili, foi a encargada de facerlle un agasallo no nome da biblioteca e do IES As Barxas para agradecerlle que nos quixese acompañar no Día da Poesía.