Mostrando entradas con la etiqueta DIA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2018

PROXECTO MAIL ART: AS POSTAIS CHEGAN A CORUÑA



E, por fin, ao cabo de dous días, as nosas postais chegan ao IES Agra de Orzán. Que emoción velas agora colgadas doutro tendal ao final da súa viaxe!!
Grazas aos nosxs compañeirxs de Coruña pola súa proposta e as súas postais e á nosa profe de inglés, Begoña, por facela posible no noso centro! Foi unha experiencia incrible que oxalá repitamos.




23 DE ABRIL: PREMIOS MAIL ART E ENVÍO DE POSTAIS




Para festexar o Dío do Libro, ademais da charla de Luz Beloso ao alumnado de 2º ESO sobre álbumes ilustrados, tamén se concederon 15 premios entre xs participantes no Proxecto Mail Art. A decisión foi moi difícil porque o noso alumnado creou un total de 318 postais e moitas delas foron extraordinarias. Ao final "unicamente" se enviaron ao IES Agra de Orzán 223 (eran demasiadas!) en 7 grandes sobres (moi moi cheos e pesados!!) máis 16 postais soltas. Velaquí vai a relación dxs premiadxs:
- Marina Díaz 1ºB Bac
- Saúl Sanmartín 4ºC
- Vera Ruiz 3ºC
- Antía Táboas 2ºB
- Laura Rúa  
- René del Río 1º ESO
- Elena Currás / Diego Casqueiro 3ºB
- Iago Maya 2ºC
- Nayara González 3ºC
- Elena Currás 3ºC / Sara Zabaleta / Antía Boubeta / Adara Gil 4ºC
- Sabela Trigo 2ºA
- Xabier Zúñiga 2º Bach
- Roberto Valverde 1ºA
- Ana Nüñez 1º Bach

Tamén houbo un pequeno premio para Gabriel González e Alejandro Rivas (ambos de 4º C) como agradecemento pola súa colaboración coa instalación da expo que decorou a entrada do noso IES durante todo o mes de abril.

A todxs elxs un millón de grazas!!

E alá foron as obras de arte do noso alumnado rumbo á Coruña!




23 DE ABRIL CON LUZ BELOSO


Luz Beloso non é só unha incrible profe de plástica do IES As Barxas, senón que tamén é unha ilustradora excepcional que ten publicada unha boa morea de libros. Ademais é unha compañeira solidaria e comprometida, cunha vocación profesional contaxiosa. E, por riba de todo isto, é unha amiga que nos quixo acompañar na celebración do 23 de abril.
Explicounos como se fai para publicar un libro, cal é o complexo proceso dende que xorde a idea ata que sae á venda a obra rematada. Contounos como empezou a traballar na ilustración en si e na de álbumes ilustrados en concreto. Fíxonos chegar o entusiasmo e a paixón que pon en cada obra. Falounos do que hai detrás de cada debuxo, das persoas que a inspiran (e tamén das que non), dos proxectos rematados e dos que quedaron a medio camiño (que ás veces pasa), da ilusión que é preciso poñer para sacar un libro adiante. Mesmo nos contou cousas do proxecto no que anda inmersa nestes momentos e do traballo de investigación que supuxo. 
Quedóusenos curto o tempo porque serían necesarias moitas horas para seguir escoitando o que nos ten que contar Luz sobre os álbumes ilustrados, sobre Rosaura, Esther, Mel, as medusas de Iria, os coellos que queren soñar... 
Charo e máis eu tivemos a sorte de estar acompañadas nesta charla por outras dúas profes que, igual que Luz, desprenden vocación e paixón: Ángeles Pico e Lúa Iglesias.
Foi un auténtico pracer!!









sábado, 21 de abril de 2018

FINALISTAS CONCURSO MAIL ART


O venres escollemos, de entre todas as postais elaborados polo noso alumnado, as que nos pareceron, por distintos motivos, merecedoras de levar un premio que entregaremos a semana que vén, unha vez enviadas. Foi emocionante comprobar como ían aumentado día a día as postais penduradas dos sedais e como moitísimas delas eran absolutamente preciosas. De feito, foi moi complicado seleccionar só unhas poucas. Hai moitas máis que tamén deberían estar incluídas na nosa escolma. Velaquí as que finalmente quedaron.























CRECE A EXPOSICIÓN DE MAIL ART


Ao longo do mes de abril foron aumentando o número de postais colgadas nos sedais da entrada do noso instituto, todas elas destinadas a ser enviadas ao IES Agra de Orzán o día 23 de abril. É o noso xeito simbólico de agradecerlles ás que eles nos enviaron o 21 de marzo, Día da Poesía, e de festexar pola nosa banda o Día do Libro. Participaron case todos os cursos do noso insti, e varios departamentos (lingua inglesa, francesa, galega, castelá...). O luns vindeiro saíran cara á Coruña. Desexámoslles boa viaxe!