Mostrando entradas con la etiqueta DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de noviembre de 2017

UNHA ENTRADA DE SAMAÍN



Coa boca aberta quedamos cando vimos a decoración que prepararou o alumnado de Luz Beloso para recibir o Samaín. Os de 1º ESO encargáronse dos morcegos que penduraban do teito, todos distintos, todos arrepiantes.







As ilustracións corresponden ao alumnado de Debuxo Artístico de 1º Bach. Alucinantes!!













sábado, 21 de octubre de 2017

19 DE OUTUBRO: TODOS OS DÍAS SON ROSAS

O alumnado de 1º de ESO realizou na clase de plástica coa súa profe, Luz Beloso, un vídeo para lembrarnos que "todos os días son rosas, días de mulleres fortes que non camiñan soas, porque 19 de outubro son todos os días".
Grazas, Luz!

domingo, 23 de abril de 2017

SORRISOS DE MAGDALENA

Velaquí un precioso traballo do alumnado de 1º ESO con Luz Beloso na Aula de Plástica.



Partindo dunha proposta do profesor JOSÉ BLAS GARCÍA, os alumnos e alumnas de Educación Plástica do IES as Barxas leámonos a manta á cabeza e realizamos o BOOKTRAILER, dun dos contos gañadores do concurso  INTERNACIONAL  " NO meu VERSO SON LIBRE".
 O relato que tivemos o privilexio de animar é ," Sorrisos de Magdalena" de Cecilia  Mansilla Sánchez da aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Ntro. Sra. do Perpetuo Socorro de Albacete

Pero, de que vai este proxecto ?

 O profesor Jose Blas convídanos a participar coa realización dun Booktrailer no proxecto colaborativo "CONTAMOS CON EMOTION",  e cóntanolo asi:

"O Certame de Relatos  "No meu verso son libre", é un proxecto de animación á escritura, ás narrativas e á lectura , que cumpre a súa décima edición, está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 17 anos que, atravesando unha situación de enfermidade e un momento complicado da súa vida, souberon positivizarlo, gozar e aprender a través das propostas que lle lanzamos desde  calquera das Aulas Hospitalarias de todo o mundo onde se fala  español (ou castelán) ou desde calquera dos servizos educativos denominados "de Apoio Domiciliario.
O certame está organizado polo Equipo de Atención Educativa Hospitalaria e Domiciliaria da Región de Murcia, co apoio de varios patrocinadores e da Consellería de Educación e Universidades da Región de Murcia......"
 Seguir lendo na LIGAZÓN 





A animación está realizada coa aplicación PLASTIC de IOS , aquí deixámos o noso tutorial da aplicación . 



miércoles, 8 de marzo de 2017

REALIDADE AUMENTADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Mulleres inspiradoras que cambian o mundo + Ao primeiro sinal vaite.
Fantástica exposición do alumnado de Luz Beloso e María José Soto no noso instituto empregando a realidade aumentada contra a violencia de xénero.





miércoles, 30 de noviembre de 2016

25 DE NOVEMBRO



                                                                  Do diario da princesa
                                                                       (Texto íntegro)
Segundo as estimacións, entre un trinta e un cincuenta por cento das mulleres do planeta son golpeadas e humilladas polos seus compañeiros.
                                                                       (La Voz de Galicia, 26 de novembro de 2000)

Este texto, entre outros varios, berraba desde as paredes do noso instituto. Abandonamos notas con haikus contra a violencia de xénero extraídos do "Libro do mal amor". Vestimos todxs de negro, rapazas, rapaces e adultxs, para declarar explicitamente a nosa repulsa. Oxalá abondase con isto.