viernes, 18 de diciembre de 2020



Nova actividade do Club de Letras. Por un Nadal inclusivo. En colaboración co IES Chapela e IES Teis.

Aquí tedes o alumnado de 3º PMAR traballando nas súas postais. E o estupendo resultado final!!!





                           


          



 

 Nas Barxas contamos con varios proxectos colaborativos con implicación de toda a comunidade. 

Un destes proxectos é O BOSQUE ANIMADO estudo da fauna salvaxe do Concello de Moaña. Durante todo o curso o alumnado fará saídas a distintas zonas do concello coa fin de recabar información sobre as distintas especies de animais que conviven con nós. Ademais o departamento de Lingua e Literatura Galega colabora recopilando topónimos do Morrazo con nome de animal entre o alumnado do centro.

Xa levan varias saídas e @s rapaz@s están vivindo unha experiencia inesquecible.



















domingo, 13 de diciembre de 2020

RECORDAR QUE TEMOS UN RECURSO MOI VALIOSO PARA LER LIBROS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS GALEGAS . 


Preme no seguinte enlace, segue as instrucións e poderás acceder a centos de libros, vídeos, películas...





viernes, 11 de diciembre de 2020

  

Xa botou a andar outro dos proxectos colaborativos do centro. É o  de Club de Letras coordinado pola profesora Anna R. Figueiredo adicado aos coidados. "Aporta ou aparta". Botádelle unha ollada ao blog que vale a pena!






viernes, 27 de noviembre de 2020

NAS BARXAS TAMÉN CELEBRAMOS O 25 DE NOVEMBRO DESTE ANO TAN ESPECIAL


AQUÍ TEDES ALGÚNS DOS NOSOS ALUMNOS DE 3º FACENDO UN GRAFFITI



E VIDEO PREPARADO POLO GRUPO DE INCÓMODXS E REBELDES 






 E O DEPARTAMENTO DE MÚSICA TAMÉN ORGANIZOU UNHA BATUCADA FEMINISTA





miércoles, 11 de noviembre de 2020


O PASADO 30 DE OUTUBRO DEIXOUNOS O COMPAÑEIRO E POETA X. M. MILLÁN. OS RAPACES PREPARARON UNHA PEQUENA HOMENAXE COA LECTURA DOS SEUS POEMAS.

ATA SEMPRE COMPAÑEIRO!

AQUÍ TEDES O ENLACE 




lunes, 9 de noviembre de 2020

POR FIN UNHA PLATAFORMA GALEGA DE LIBRERÍAS ONDE PODEMOS FACER OS NOSOS PEDIDOS ON LINE! PODES TER NA CASA OS TEUS LIBROS EN 24-48 HORAS. 

AXUDEMOS ÁS NOSAS LIBRERÍAS !!!